A N-120 ó seu paso por Ribadavia incorpora barandas de seguridade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A estrada N-120 ó seu paso por Ribadavia segue mellorando. Nos últimos días comezouse ca colocación de barandas de seguridade, outra das propostas que o concello quería conseguir para reducir a perigosidade desta zona.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O pasado 17 novembro a alacaldesa de Ribadavia, Noelia Rodriguez, acadou o compromiso coa Dirección Xeral de Estradas, dependente do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, para levar a cabo o inicio das obras da senda peonil da estrada N-120, para mellorar a seguridade e confortabilidade nos desprazamentos peonís. O 5 de decembro, mantivo outra xuntanza co novo Director Xeral de estradas para ratificar o compromiso anterior e tratar diferentes temas do proxecto da 2ª fase.

Agora, xa deron comezo as obras á altura do cruce da Franqueirán, como asi se acordou na xuntanza mantida cos técnicos, consistentes en máis de 100m de senda e que contará coa instalación de muros de contención. Xa colocados os muros, esta semana comezamos coa colocación dunha varanda para mellor seguridade, que ademais leva aparellada unhas placas de anclaxe para suxeitar a varanda á pedra. Tamén leva incluido un mirador no que se pode desfrutar das vistas do núcleo do municipio e en especial o Castelo dos Sarmiento.

Na segunda fase, contemplase a instalación de pasarelas para salvar os desniveis do terreo. Unha segunda fase máis complexa, na que xa estan a traballar e que levará máis tempo en redactarse, pero o compromiso e a intención de comezala canto antes para darlle continuidade a senda e rematar o proxecto o máis rápido posible.

Trátase dunha obra moi importante para o municipio, e dunha vella reivindicación do Concello, coa que mellorarán a seguridade viaria e a confortabilidade nos desprazamentos peonís, nunha estada cun importante volume de tráfico rodado, ademais mellorarán o aspecto visual da vila, cunha panorámica única dende esta zona máis elevada, onde se poderá contemplar toda Ribadavia e permitirá realzar e mellorar a imaxe da capital do municipio.