O CCA do Carballiño asina un convenio para axudar aos seus socios a reducir o gasto enerxético

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As empresas e autónomos asociados ao Carballiño CCA contarán cun servizo personalizado para axudarlles reducir o gasto enerxético e aplicar medidas de aforro e eficiencia. Este servizo será realizado pola empresa ARSEM Servicios Energéticos, cuxa delegada, María Aurora Cacheda, asinou un convenio de colaboración co presidente do Carballiño CCA, Julián Garriga.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Consultor realizará un estudo inicial gratuíto, a aqueles asociados que o precisen, de optimización do facturas de luz e gas. Do mesmo xeito, cando un asociado está preto da caducidade dalgúns contrato de subministración, recibirá asesoramento da ARSEM para atopar as mellores opcións do mercado.

Pola súa banda, a asociación CCA do Carballiño comprométese a difundir entre os seus asociados os servizos e solucións ofrecidas pola consultora ARSEM.