Unha obra moi necesaria que levaba anos sendo demandada, xa que a instalación de fontanería e auga quente nunca se cambiara, sendo ata agora a da súa inauguración na década dos anos 80.
O arranxo da caldeira de biomasa e e o cambio de todo o circuíto AQS supón unha actualización obrigada dun Pavillón no que hai que investir necesariamente para que continúe sendo un moi bo pavillón de deportes.
– Remataron as obras para subsanar as deficiencias na caldeira de biomasa e no circuito de AQS no Polideportivo O Consello.
A situación na que se atopaba a instalación de fontanería e calefacción facía urxente unha intervención para evitar o colapso de toda a rede.

Na última década eran habituais as avarías e queixas dos usuarios pola situación da Auga quente nos vestiarios.
Ademais, aproveitouse o final da obra para facer a primeira carga do silo de pellets (15 toneladas).
🔹️Obxeto das obras:
🔸️Desmontaxe de:
Silo actual para ampliación do mesmo.
Acumulador de AQS , instalación de novo acumulador, para cumprimento de normativa de control e prevención de lexionelose.
Desmontaxe das actuales bombas de calefacción, colectores e tuberías de distribución.
Desmontaxe e retirada da caldeira de gasoleo en deuso dende 2015.
🔸️Novos equipos e dotacións:
Construción de novo silo incrementando a capacidade a aproximadamente 20 Toneladas.
Instalación de bocas de carga, en cumprimento da normativa, accesible dende o aparcadoiro, superior aocaron da instalación.
Novo deposito de AQS de 1000 l. con boca de home, en cumprimento da normativa de control e prevención da lexionelose.
Reubicación de novos colectores.
Colocación de dúas novas bombas circuladoras para circuitos de calefacción.
Nova ubicación de cadro eléctrico.
🔸️Sistemas de xestión e control:
Instalación de cableado, conectado con ordenadores de administración, para xestión informatizada dos distintos parámetros existentes da caldeiras existentes e niveis de carga do silo.
🔸️Distribución a vestiarios deportistas e lavabos:
Instalación de novo circuito con tubaxe de polietileno de 75 mm. e coquilla de suministro de AQS a vestiarios e lavabos de toda a instalación.
DATA DE ADXUDICACIÓN – 27/SETEMBRO/2022.
IMPORTE ADXUDICACIÓN – 47.297,69 € (IVE INCLUIDO).
PRAZO DE EXECUCIÓN – 2 MESES.
O Concelleiro de Deportes, Enrique Rodríguez, manifestaba a súa satisfacción por esta importante obra, e agarda que supoña a revalorización do noso Pavillón.
Así mesmo, recorda a petición realizada fai dous anos desde o Concello á Deputación para o cambio da pista central do Pavillón, para o cal o Concello ten rexistrado o proxecto na Deputación desde fai anos.
🔹️ Demanda do cambio da Pista central do Pavillón:
Unha vez cuberta esta necesidade urxente do cambio do circuíto de auga quente, agora desde o Concello céntrase a atención no cambio de pista deportiva.
Desde o Concello queren agradecer á Deputación a súa axuda na obra da rede de auga quente, pero consideran que o cambio de pista faise tamén moi necesaria.
Como recorda o portavoz do goberno, Brais Fidalgo, o de Ribadavia é un dos pavillóns de maior actividade da provincia e o de referencia para toda a comarca do Ribeiro, polo que desde o Concello volven reiterar a demanda que se fixo no comezo da lexislatura para que a Deputación financie parte desta obra tan demanda por todos os clubes e asociacións deportivas de Ribadavia .
Cabe recordar que este mes a Deputación vai repartir 17,5 millóns de euros aos concellos da provincia, polo que este debe ser o momento para facelo.