A provincia de Ourense participará, por primeira vez, na 4ª edición de BioCultura

A provincia de Ourense participará por primeira vez, a través do Inorde, na 4ª edición de BioCultura que se celebrará do 3 ao 5 de marzo no recinto feiral EXPOCoruña. Esta feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo reunirá a máis de 150 expositores dedicados aos sectores da alimentación bio (con máis de 10.000 referencias), ecoturismo, cosmética ecolóxica, moda sostible, casa sana, benestar, eco-estilo de vida, artesanías e ONG´s.

Desde o Inorde decidimos participar neste foro, por primeira vez, “para permitir que as pequenas empresas ourensás que desenvolven o seu traballo nestes sectores produtivos, anteriormente citados, poidan estar presentes nesta feira de referencia no turismo sostible de España”, explicou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

AVANTAR ACTIVIDADES

A feira é visitada anualmente por decenas de miles de cidadáns interesados “por estes sectores que encaixan perfectamente co traballo realizado polo Inorde a prol dun desenvolvemento económico que aposte cada vez máis pola sustentabilidade, a dixitalización e a economía circular, tal e como marcan as directrices europeas”, engadiu Rosendo Fernández.

Ademais dos expositores, celebraranse máis de 150 actividades e esperan superar os 13.000 visitantes. A inauguración da feira será o venres, 3 de marzo, a partir das 12.00 horas.