Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co alcalde de Barbadás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a tenente alcalde deste concello, Victoria Morenza. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O encontro, enmarcado nos contactos institucionais que o presidente do goberno provincial mantén cos alcaldes ourensáns, serviu para coñecer as novas iniciativas formuladas polo rexedor. 

Nesta liña, Xosé Carlos Valcárcel presentou a Manuel Baltar distintas propostas relacionadas con infraestruturas en materia de servizos sociais e para a práctica deportiva.