O PP preguntará no pleno pola ampliación do Gran Balneario do Carballiño

O Partido Popular preguntará ó alcalde no vindeiro pleno municipal en qué punto se atopa a ampliación do Gran Balneario. A través da seguinte nota, recordan a traxectoria pasada dese proxecto:

“O Gran Balneario de O Carballiño, con mais de 200 anos de historia, é sen dúbida o xermolo do turismo no Carballiño, e aínda hoxe segue a ser un dos seus motores, xunto co Parque Municipal e  o Templo da Veracruz. Para evitar o seu esmorecemento, tanto os seus propietarios coma o Concello chegaron a conclusión de que e necesaria a súa reforma para devolverlle o pulo que sempre tivo e que tantos beneficios trouxo para o Carballiño e a súa comarca.

AVANTAR ACTIVIDADES

Froito de ese sentir foi a modificación Puntual do Plan Xeral que se aprobou definitivamente no ano 2017 e que permite levar a cabo as reformas necesarias, xa que autoriza a construción de piscinas descubertas e tamén de un Hotel Balneario. Tras a aprobación da modificación puntual o Alcalde, supoñemos que tras falar cos propietarios, di que espera que as obras comecen no mes de outubro de ese mesmo ano 2017.

Obviamente as obras non comezan, pero un ano despois, o 7 de Novembro de 2018, o Alcalde anuncia que os propietarios do Balneario rexistraron en dependencias municipais un proxecto, redactado polo arquitecto carballiñés Manuel Gallego Jorreto, e que contempla a creación de unha piscina climatizada, unha cafetería e outros servizos, todo elo por un importe previsto de 3.400.000 euros. En palabras do Alcalde o avance do proxecto tiña o visto bo de Patrimonio, aínda que faltaba o informar sobre a proposta definitiva.

Pero tampouco sabemos nada de este proxecto, e non é hasta o mes de xuño de 2021 cando o Alcalde reunido co Presidente da Deputación e co Xerente do Balneario anuncian que presentarán un proxecto de reforma integral do Gran Balneario para a obtención de fondos “Next Generation” por un importe total de 4.000.000 de euros, dos que 1.600.000 estarían destinados a unha piscina cuberta no soto do edificio, e incluiría tres piscinas descubertas, cafetería e restaurante.

Non sabemos se chegou a presentar ese proxecto para a obtención de fondos europeos, pero en decembro do 2022 o Alcalde anuncia a concesión polo Goberno Central de fondos “Next Generation” para un Plan de Sostibilidade Turística en Destino denominado “O Carballiño e a gastronomía do Pulpo”, e que se destinarían a financiación da ampliación do paseo fluvial e da iluminación da  Veracruz, como obxectivos máis relevantes, aínda que tamén se mellorarían as Pallozas, o Parque Etnográfico, a Fábrica de Papel, sinalización turística intelixente, etc… Di tamén que todo está pendente de unha reunión do Alcalde e do Concelleiro de turismo cos responsables do Goberno, que se celebraría a mediados de xaneiro de 2023, e que serviría para “iniciar a parte operativa do plan”. Nada se fala de fondos para o Balneario, si se pediron, se concederon ou denegaron, ou se aínda se está a espera da resolución.

A realidade e que catro anos e medio despois da modificación do planeamento, e de os anuncios do Alcalde sobre o proxectos presentados aínda nada sabemos sobre a concesión de licencias, informes de patrimonio, ou concesión de fondos para as obras. Non nos parece posible que co tempo transcorrido desde que o Alcalde anunciou que se había solicitado a licencia aínda non se concedese ou denegase, polo que compre agora que se aclaren esta cuestións.

¿Presentouse o proxecto de Gallego Jorreto ante o Concello? ¿Informouno patrimonio? ¿Concedeuse ou denegouse a licenza de obras? ¿Solicitouse a inclusión do financiamento do proxecto nos fondos Next Generation?

En fin, compre que o Alcalde explique os veciños a situación en que se atopa o proxecto, as conversacións e acordos cos propietarios, e os pasos que se van seguir para acadar a necesaria modernización do Gran Balneario do Carballiño”.