A Ruta das Tapas do mes de marzo está adicada ás empanadas

Esta mañá, no café bar Soldado, tivo lugar a presentación dunha nova xornada da Ruta das Tapas, o 3 e o 10 de marzo, adicadas ás empanadas. Serán de novo 13 locais de hostalaría os que participan na iniciativa o primeiro e segundo venres de mes. O concelleiro de turismo, Manuel Dacal, recordou que os premios desta edición serán de 1+14 amigos, desfrutando de experiencias gastronómicas cos tres colaboradores: Pazo Tizón, Estrella Galicia e a Asociación de Pulpeiros.

O Centro Comercial Aberto colabora unha vez máis ca iniciativa e tamén outras entidades como os viños Pazo Tizón, tamén presentes hoxe e a Asociación de Pulpeiros do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

En representación dos hostaleiros, o anfitrión de hoxe animou a todos a participar nesta nova edición. A continuación amosámoslles cada unha das tapas que poderán degustar este venres.