O Arenteiro homenaxea ó socio número 1 do Athletic de Bilbao

As casualidades fixeron que onte estivese no Carballiño unha excursión procedente de Bilbao, que están a pasar uns días pola zona. Entre eles, está Juan Antonio Virumbrales, o socio número 1 do Athletic de Bilbao. E nesta viaxe recibiu unha merecida homenaxe por parte dos seus compañeiros de viaxe, e tamén da man do club local. O C.D. Arenteiro quixo ter un detalle con el, e foi o defensa José Carlos Márquez, quen lle entregou unha bufanda, participando no emotivo evento.

Juan Antonio fíxose socio no ano 1939 e non deixou de animar ó seu equipo en todo este tempo, no que moitas cousas cambiaron, con alegrías e tristezas, como adoita ser no mundo do fútbol.

AVANTAR ACTIVIDADES