Protección Civil do Carballiño recibíu da Xunta de Galicia material loxística para atención ás emerxencias

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este martes tivo lugar no Concello da Estrada o acto de entrega do material correspondente a Orde do 17 de xullo de 2025 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. Na entrega do material estivo presente o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

As autoridades fixeron entrega dun ‘kit’ de material loxístico para seguridade viaria á agrupación de Protección Civil de Carballeda de Avia, mentres a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Carballiño recibíu un ‘kit’ de ferramentas eléctricas para atención ás emerxencias. Este material foi recollido polo xefe da AVPC, Adolfo Otero, que estivo acompañado polo concelleiro de Seguridade, Alberto Otero.

Un equipamento semellante foi entregado á agrupación de Protección Civil de Maside, coa presenza do seu alcalde, José Manuel Iglesias, e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Ribadavia. Neste caso, participaron no acto o responsable do servizo, Julio Puentes; o alcalde, César Fernández, e o concelleiro Miguel García.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------