A Deputación colabora coa Sociedade Galega de Medicina Interna para celebrar en Ourense o congreso anual desta especialidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar, que recibiu no Pazo Provincial ao presidente dos internistas galegos, Juan González Soler, significou a importancia dunha cita que reunirá en xuño no Marcos Valcárcel a 200 especialistas “combinando a compoñente profesional coa promoción do territorio” 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Soler agradeceu a colaboración do presidente do goberno provincial para traer a Ourense unha reunión na que se analizará, entre outros aspectos, o papel destes especialistas na cronicidade de afeccións logo da pandemia 

Ourense, 19 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Sociedade Galega de Medicina interna, Juan González Soler, para coñecer os detalles do congreso anual que os profesionais desta especialidade médica celebrarán os días 9 e 10 de xuño no Centro Cultural Marcos Valcárcel, coa colaboración da Deputación. 

Manuel Baltar significou a importancia dunha cita destas características que durante dous días reunirá en Ourense a 200 internistas procedentes de toda Galicia, “combinando a compoñente profesional coa promoción do territorio, dada a oportunidade que terán os congresistas de visitar a cidade e outros puntos da provincia”.  

Juan González Soler agradeceu pola súa parte a colaboración da Deputación para traer a Ourense a reunión anual número 39 da Sociedade Galega de Medicina Interna, que disporá das salas do Marcos Valcárcel para celebrar sesións científicas, mesas redondas e talleres para novos profesionais, coa presenza de recoñecidos especialistas a nivel nacional.  

No congreso analizarase o papel dos internistas na cronicidade de afeccións logo da pandemia, ademais de abordar outros temas máis específicos como os avances vinculados á medicina xenómica e personalizada, as insuficiencias cardíacas e respiratorias, os riscos cardiovasculares, a diabetes ou as enfermidades infecciosas e autoinmunes, entre outros.