O Bng traslada a Deputación e Concello de Ourense o abandono do galego no Cob

Trasladamos ás Institucións Públicas, accionistas maioritarias do clube o malestar das socias do COB polo abandono da lingua galega, no partido contra o Valladolid e se concordan co acontecido. 

Ourense, 26 de marzo de 2023. "Dámoslle os parabéns ao COB pola sua traballada vitoria fronte o Valladolid" sinalaron os voceiros do BNG na Deputación e concello de Ourense. Porén temos que lamentar  que logo de moitos anos de emprego do galego  o comentarista do Pazo dos Deportes, sen que se coñeza causa algunha máis alá dunha nova falta de respeto pola lingua propia do País, se pasase o castelán. 

Preguntaremos nas Administracions que na actualidade dispoñen da maioría do accionariado do Clube Ourense Baloncesto (Concello e Deputación de Ourense), se concordan con esta "novidade".

 Solicitaremos que as futuras confrontacións deportivas do COB no Pazo sexan narradas en galego, porque  moitos seguidores sinten así as súas vitorias dun xeito especial e sintense máis identificadas coas cores que tantos anos levan apoiando nos bos momentos  e nos non tanto.

 Desde a organización nacionalista tamén van solicitar que as redes sociais do COB falen galego, como fan sen ir mais lonxe as do Breogán e o Obradoiro que xogan na ACB e falan a lingua propia do País.

 "Forza COB" sempre da man coa afición.