O C.R.D.O. Sidra de Asturias visita o Ribeiro para coñecer a súa estratexia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, recibiu esta mañá a unha delegación de Asturias, pertencente ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Sidra de Asturias.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo de 32 profesionais está formado por membros do tribunal de cata, traballadores do Consello Regulador de Asturias, así como transformadores e produtores da Denominación de Orixe.

Os obxectivos da visita do C.R.D.O. Sidra de Asturias ata a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia son os de coñecer a súa experiencia ao longo dos anos e de interesarse pola estratexia que está levando a cabo para poñer en valor os seus diferentes produtos no mercado. No seu programa de ruta incluíuse unha visita a dúas adegas, unha pequena e outra máis grande, para percibir as posibles diferenzas nas elaboracións. Por último, o colectivo tamén aproveitará para ter unha xornada de convivencia na familia Sidra de Asturias D.O.P. para mellorar o espírito de grupo, estreitar lazos e aumentar a comunicación entre operadores.

Juan Casares explicoulle ao grupo a historia da D.O. Ribeiro, tamén os diferentes momentos polos que pasou, así como a estratexia de control e ascenso que leva uns anos levando a cabo. Por outra banda, comentou “estas xornadas son moi enriquecedoras xa que serven principalmente para intercambiar experiencias, así como para ofrecernos novas perspectivas e enfoques para o noso día a día”.