O Pleno da Deputación ratificouse no inicio do expediente de recoñecemento como Filla Predilecta da provincia a doutora María Crespo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No capítulo de honras do último pleno da Deputación ratificouse o inicio de dous expedientes de recoñecemento como Fillas Predilectas da provincia ás doutoras Antonia Ferrín, a título póstumo, e María Crespo, ademais de conceder a Medalla de Ouro da provincia ao investigador Antonio Carreño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

María Crespo Leiro (Cea, 1961) é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorada pola Autónoma de Madrid, exerce como xefa do servizo de insuficiencia cardíaca do Hospital Universitario da Coruña, ademais de coordinar equipos de traballo nos institutos de investigación biomédica da Coruña e Carlos III. Recoñecida en diferentes ámbitos internacionais, recibiu a medalla Castelao e nomeada filla predilecta do seu concello de nacemento.