Este sábado ( día 23 ) as 20:30 h no Auditorio representación da obra “INSUBMISA”

COMPAÑÍA: ANTAGONISTA TEATRO

OBRA: INSUBMISA

AVANTAR ACTIVIDADES

Día: sábado, 23 de setembro

Hora: 20.30 h

Lugar: Auditorio Manuel María

Clasificación: teatro/contemporáneo

Duración: 80 min

Público: adulto

SINOPSE

Poida que cometese un crime terrible. Pero a cuestión agora non é a súa culpabilidade, senón o seu estado mental. Non basta con declarala culpable. Ademais, debe quedar claro que é unha enferma, una demente. Ninguén durmirá tranquilo mentres pensemos que pode existir alguén así. De xeito que ela permanece encerrada para ser avaliada. Trátase dun centro moderno onde a profesionalidade é incuestionable. E o autor do seu diagnóstico é un psicólogo intelixente que non está disposto a deixarse levar. Pero ela é demasiado complexa e fascinante como para etiquetala. Nin o amor é cárcere suficiente para contela. Defraudar todas as expectativas é a única vía para acadar unha liberdade que depende daqueles que escriben a súa historia.

Insubmisa é unha avaliación sobre as posibilidades reais de ser libre máis aló de etiquetas individuais ou de xénero. É unha denuncia sobre a cárcere de ouro na que nos encerra o patriarcado social e sobre os estigmas que as mulleres sofren mesmo baixo unha mirada progresista. E por riba de todo, é unha indagación sobre os procesos de construción do relato como forma de submisión: ¿pode ser libre a muller se o seu relato é escrito polo home?

EQUIPO ARTÍSTICO

Elenco:

–  Iría Sobrado

–  Jose Vaquero

–  Javier Octavio de Toledo

Dirección: Pepe Domínguez

Dirección e acompañamento de movemento/coreografía: Marta Alonso

Música: Christian Casas

Iluminación, vestiario e espacio escénico: Diego Valeiras