A Deputación abre novas liñas de traballo con AJE para contribuír ao emprendemento e a creación de emprego na provincia

Manuel Baltar mantivo un encontro no Pazo Provincial coa presidenta e vicepresidente da Asociación de Xóvenes Empresarios, Nuria Iglesias e José Manuel Martínez 

O presidente do goberno provincial remarcou que entre os principais eixos estratéxicos do seu mandato figura a cooperación cos axentes económicos ourensáns: “Este acordo para colaborar nas actividades da asociación tamén supón axudar a construír o futuro da provincia” 

AVANTAR ACTIVIDADES

Os directivos de AJE transmitiron a Manuel Baltar o seu agradecemento e entusiasmo por unha cooperación que, ademais de programas de creación de emprego, “permitirá o posicionar aoo noso tecido empresarial como referente no só a nivel provincial, senón tamén a nacional e internacional” 

Ourense, 2 de abril de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro no Pazo Provincial coa presidenta e vicepresidente da Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE), Nuria Iglesias e José Manuel Martínez, cos que analizou a apertura de novas liñas de traballo que axuden á promoción económica da provincia. 

Manuel Baltar remarcou que entre os principais eixos estratéxicos do seu mandato figura a cooperación cos axentes económicos ourensáns, “pola súa capacidade para atender as necesidades das empresas e axudar na súa expansión”. O acordo con AJE para colaborar nas súas actividades, afirmou Baltar, “vai contribuír de seguro ao fomento do emprendemento e, polo tanto, a creación de emprego, o que tamén supón axudar a construír o futuro da provincia” 

A colaboración entre a Deputación e a asociación de xóvenes empresarios, destacou Nuria Iglesias, “é unha gran oportunidade para o noso colectivo, unha axuda moi necesaria e que desexamos sexa de modo continuado no tempo”. 

Os directivos de AJE transmitiron a Manuel Baltar o seu agradecemento e entusiasmo por un acordo que, explicou Nuria Iglesias, “permitirá o desenvolvemento de diversos programas centrados na creación de emprego e o posicionamento do noso tecido empresarial como referente no só a nivel provincial, senón tamén a nivel nacional e internacional”.