O Carballiño acolleu a presentación dunha fin de semana intensa de ciclismo

Esta mañá, o concello do Carballiño acolleu a presentación das dúas grandes probas de ciclismo que terán lugar esta fin de semana, organizadas polo Club Ciclista Carballiño en colaboración co concello e outras administracións, como detallou a concelleira de deportes, Silvia Baranda, quen destacou tamén o que supoñen estas probas para o municipio.

O delegado provincial de deportes da Xunta agradeceu á Federación traer esta proba aquí e desexou o mellor dos éxitos á organización.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase, por unha banda, da primeira edición do Cross Country, que se celebrará o sábado pola tarde no casco urbano. Por outra banda, o domingo, en Pena Cobertoira, terán lugar as probas de XCO e Mini BTT.

O presidente do Club Ciclista Carballiño destacou que con esta fin de semana pretenden situar ó municipio no mapa deportivo con eventos de afluencia masiva.