O IES Chamoso Lamas pechou o ciclo de “Cine, poesía e música”

Onte, o IES Chamoso Lamas puxo punto e final ó ciclo “Cine, poesía e música“, que se ven organizando dende fai anos co apoio das Concellerías de Cultura e de Educación. Para a clausura deste curso contaron coa presenza de tres poetas novos, Belem de Andrade, Tamara Andrés e Quico Valeiras.

Pese a súa xuventude, contan xa cunha ampla traxectoria como poetas, con varias publicacións nestes últimos anos. O alumnado de 1º de Bacharelato poido escoitar os seus poemas e unha pequena escolma de poesía galega recente, ademais de intercambiar experiencias e inquedanzas pola súa labor. 

AVANTAR ACTIVIDADES