Espazo Común preguntará en pleno pola perda dunha subvención para o emprego

A formación de Espazo Común presentará unha moción para o pleno do vindeiro martes, día 2, na que pedirán explicacións despois de enterarse da suposta perda dunha subvención para o emprego. O texto da moción que presentan é o seguinte:

“Despois de tempo agardando para poder acceder ao expediente administrativo relacionado co último Plan Integrado de Emprego para o exercizo 2022-2023, e de non ver nin escoitar nova algunha ao respecto por parte do goberno municipal, confirmamos o que moito nos temíamos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello do Carballiño voltou a perder unha subvención para un programa destinado á inserción laboral como xa ocorreu anteriormente con varios obradoiros e outros plans deste tipo.

No caso que nos ocupa, o Concello fixo unha solicitude dentro do progama na orde publicada no DOG no mes de maio e presentou toda a documentación necesaria (a diferencia doutras ocasións). Incluso foi anunciada a súa solicitude a bombo e platillo nos medios de comunicación.

Meses despois foi confirmada por parte da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral correspondente a concesión dunha subvención 250.000 € para o desenvolvemento do citado Plan Integrado de Emprego (PIE)  en data 15 de novembro de 2022.

Dende ese punto, a única tarefa do Concello era a selección de 100 persoas desempregadas para poder ofrecerlles formación en varias facetas e asesoramento á hora da procura de emprego.

A partires de aí, no citado expediente, non hai ningún outro documento de chamamento de ningún tipo, nin de anuncio para ofrecer aos veciños susceptibles de participar no proxecto a posibilidade de anotarse en ningures.

Se se fixo algunha selección, para nós e para moitos dos 900 parados que hai no Carballiño pasou completamente desapercibida.

O seguinte documento que se atopa, de varios meses despois, é unha renuncia asinada pola alcalde na que se renega de dita subvención coa excusa de non contar con participantes suficientes para levalo a termo.

Pasados xa uns meses e ante o silencio absoluto do goberno municipal a este respecto, traemos esta moción a pleno para que se dean as explicacións pertinentes da causa pola que se deixa escapar a enésima subvención con destino ao fomento do emprego.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                              SOLICITAMOS

  1. Que se dean as explicacións pertinentes e se determinen as responsabilidades pola perda dunha nova subvención para a inserción laboral, niste caso o Plan Integrado de  Emprego 2022-2023“.