O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén recibe ao novo presidente do consello regulador da D.O. Valdeorras

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu esta mañá en audiencia ao novo presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, quen lle manifestou o interese do territorio amparado valdeorrés por manter as liñas de colaboración co Goberno autonómico na promoción exterior conxunta dos viños galegos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pola súa banda, Gabriel Alén trasladoulle o compromiso da Xunta de seguir a traballar a prol do sector e lembrou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que persegue consolidar os nosos viños nos mercados nacional e internacional e potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios onde se producen.

Así mesmo -reiteroulle o delegado territorial- que o grande obxectivo da Estratexia é mellorar o posicionamento dos viños galegos, aumentar a súa competitividade en mercados nacionais e internacionais e transformar, de aquí a 2026, a capacidade de xeración de valor dos territorios nos que se produce.

Por último, Gabriel Alén, desexoulle moita sorte e éxitos na súa responsabilidade ao fronte do Consello Regulador da D.O. Valdeorras.