O delegado territorial da Xunta en Ourense preside a toma de posesión do novo xefe territorial da consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presidiu esta mañá a toma de posesión do novo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Jorge Rubén Sampedro Grande. Ao acto tamén asistiu a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.