Lara da Silva: “En Verín necesitamos empresas, emprego… e todo iso so se pode conseguir con proxecto e unha xestión de futuro”

  • A cabeza de lista do PPdeG en Verín o vindeiro 28 de maio destaca no podcast en Primeira Persoa do PPdeG a súa ilusión e responsabilidade por liderar a candidatura popular no seu concello
  • Avogada e criminóloga, Lara da Silva foi presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Monterrei e acaba de abrir o seu propio despacho en Verín. “Sempre fun moi inqueda, gústame aprender e sumar novas experiencias. A avogacía implica traballar e axudar á xente”
  • “Salto á política? Din este novo paso por ser un reto persoal. Lembro moito unha frase, ‘a existencia non admite a representación’. Porque a vida está para asumir retos. Neste caso, teño a intención de chegar á Alcaldía para mellorar a vida dos veciños cun programa ilusionante, realista e de xestión”
  • “De Verín gústame todo, aínda que hai anos que perdemos o peso específico que tiñamos na provincia de Ourense. Temos unha magnífica gastronomía, a calidade dos nosos viños é excelente, o casco vello, o agüismo, o termalismo, a Eurocidade, a natureza…”
  • “Boto en falta máis dinamismo político na miña vila. Actualmente, o de Verín non é un Concello vivo. Todos queremos humanizar… pero necesitamos xente, necesitamos empresas, necesitamos emprego… e isto so pode conseguirse con xestión de futuro, que realmente implique servizos sociais, unha xestión que permita que a xente queira estar, vivir ou regresar a Verín”
  • “Gústame moito a lectura -a prosa e a poesía, descubrindo autores novos- e a música, con nomes dende Los Secretos ata a música mexicana, Andrés Suárez, Iván Ferreiro ou Alejandro Sanz. Creo que temos que presentar máis atención ás letras, interésame especialmente a parte poética da música”
  • “Se tivese que definirme, diría que son comprometida, leal e directa. Creo que é moi importante dicir o que un pensa e contar con criterio propio. Unha canción para definirme? ‘La quiero a morir”

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

  • O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
  • A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

Estas son as redes onde está dispoñible o podcast en Primeira Persoa:

AVANTAR ACTIVIDADES

Facebookhttps://www.facebook.com/ppdegalicia

Twitterhttps://twitter.com/ppdegalicia

Instagramhttps://www.instagram.com/ppdegalicia

Youtubehttps://www.youtube.com/@ppdegalicia

iVooxhttps://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html