O BNG propón a creación dun Consorcio termal que poña fin á caótica situación actual do sector no Concello de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo o candidato Luís Seara “permitiría aglutinar e coordinar a todas as administracións implicadas, os proxectos a desenvolver e os orzamentos precisos para a súa execución”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 12 de maio de 2023. O candidato do BNG á alcaldía do Concello de Ourense Luís Seara anunciou esta mañá que unha das propostas do BNG no ámbito do termalismo é a creación dun Consorcio termal no que estean presentes “todas as administracións, Concello, Deputación, Xunta e Estado”.

O obxectivo do Consorcio será segundo Luís Seara, “rematar coa caótica situación na que se atopa o sector termal de Ourense a día de hoxe no que cada administración vai ao seu aire sen ningún tipo de coordinación, o que orixina que moitos dos proxectos previstos non se poidan executar ou mesmo que haxa institucións, como neste caso a Deputación, que anuncia a transformación da súa sede nun balneario, sen telo previamente consensuado co Concello”.

Outro dos principais problemas identificados polo BNG é a necesidade de desenvolver proxectos de “embergadura” e que precisan de importantes inversións. Neste senso Seara ten claro que, “é preciso que todas as administracións se involucren no desenvolvemento termal de Ourense e o fagan con compromisos firmes e cuantificábeis, cada unha aportando en función ás súas capacidades para que ditos proxectos sirvan de impulso á iniciativa privada, que tamén ten que xogar un papel fundamental”.

No BNG teñen claro que o termalismo “ten que ser un dos principais motores de dinamización económica, social e turística pero para iso cómpre reformular o modelo de termalismo público e gratuíto no que seguimos crendo pero dándolle unha nova dimensión e o impulso que sen dúbida precisa”.