Pachi Vázquez garante a construción dun gran parque nos Catro Camiños

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A área coñecida popularmente como a dos Catro Camiños, encadrada no histórico barrio de Rapariz, é, sen lugar a dúbidas, unha das de máis crecemento do noso pobo nos últimos 20 anos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un gran número de edificacións foron poboando a paisaxe e rúas coma Castelao, Testeiro, Serra Martiñá, Avenida de Compostela ou 25 de xullo son xa das que contan cun maior número de habitantes e cunha poboación composta por familias máis novas ca en moitas outras zonas.

Sen embargo, este crecemento non foi acompañado dunha axeitada dotación de espazos públicos para o disfrute dos que alí viven.

Fai xa moitos anos que se fala da necesidade da creación dun gran parque de ocio que aproveite o espazo que se pode gañar coa ampliación do túnel que cubre a vía do tren, pero como moitas outras cousas, quedou todo en promesas e en fume. Hai proxectos similares levados a termo con gran éxito coma o parque infantil de San Francisco en Ourense. (adxuntamos imaxe).

Pachi Vázquez e o equipo de Espazo Común teñen moi claro que esta ten que ser unha prioridade absoluta no caso de acadar a alcaldía do Carballiño.

A área dos Catro Camiño precisa con urxencia dunha gran área de lecer para nenos e maiores que aumente considerablemente a calidade de vida dos seus habitantes e que poña en valor aínda máis todo ese entorno.