Espazo Común asegura que buscará unha mellor ubicación para o centro de saúde no caso de gobernar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común comprométese a buscar unha mellor ubicación para o centro de saúde integral do Carballiño, no caso de ser o seu grupo quen goberne logo do 28 de maio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Xa fai tempo que se está a debater no Carballiño sobre a necesidade da construción dun novo Centro de Saúde dado que o actual está anticuado e non responde ás necesidades existentes.

Dende que Espazo Común presentou ao pleno unha moción para pedir á Xunta de Galicia financiación para acadalo, en novembro de 2019, e máis aínda, dende que se confirmou en xaneiro do 2021 a disposición a facelo, o goberno do Carballiño non foi quen de por a disposición un solar en condicións.

Coma en moitas outras cousas, estivose enredando con informacións contraditorias e manipulando a realidade a saber con que intereses estranos pero o certo é que a día de hoxe a solución tomada despois de tanto tempo non é do agrado de case ninguén.

O rexeitamento á súa ubicación no espazo da actual Estación de Autobuses xera bastante unanimidade entre a veciñanza do Carballiño por numerosas razóns: o reducido da parcela que non vai permitir facer unha gran obra e moito menos unha ampliación futura; os problemas de accesibilidade; a saturación de vehículos que xa padece a zona; a confluencia cun colexio infantil, co Auditorio, cunha parada de bus escolar e coas feiras quincenais; fan a ollos de todos que se estea a xestar un problema e non unha solución.

Atendendo á vontade maioritaria da cidadanía e ante os ouvidos xordos que fan outros partidos, Espazo Común adquire o compromiso, se ten a responsabilidade de gobernar, de buscar con urxencia unha nova ubicación que deixe atrás todos estes inconvintes e que permita que O Carballiño teña un Centro Integral de Saúde digno como o que se está a construir por exemplo en Lalín.

Garantir uns servizos sanitarios de calidade para os vindeiros 40 anos non pode ser unha decisión que se tome de xeito irresponsable e sen criterio algún”.