O próximo mércores 24 de maio no Casino de O Carballiño terá lugar un concerto de
acordeón a cargo dos profesores Noelia López, Álvaro Pérez e Celia Adrián. A proposta é para todos os públicos, un programa con pezas de diferentes estilos co que se pretende achegar o acordeón de concerto e as súas posibilidades sonoras aos oíntes.
O concerto comezará coa peza “Pagneant” do Motion Trío, despois un arranxo de Celia Adrián no que recorreremos música tradicional e BSO de varios países, a continuación haberá un momento interactivo no que pedirase a participación do público, e rematarán o concerto con dúas obras, a “Danza do Sable” (arranxo para trío de acordeóns) e coa peza “Sua” de G. Hermosa.
Para os asistentes, ofrécese a posibilidade de colaborar cun donativo de 2 euros voluntarios, que irá destinado a ASPADISI, a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da Comarca do Carballiño.