O comité provincial do Psdeg-Psoe ratifica ós candidatos e candidatas ó congreso e ó Senado propostos polas asembleas, pendentes de confirmación polo comité federal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A confección de candidaturas está regulada nos estatutos mediante un proceso no que cada órgano desenvolve un papel diferente antes de que o comité federal escolla as definitivas o 10 de xuño

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE ourensán destaca que o proceso “está a desenvolverse con absoluta normalidade e conforme ás normas dos estatutos do PSOE, co fin de acadar candidaturas sólidas, fortes e gañadoras”

Coles, 7 de xullo de 2023. O comité provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, o máximo órgano dos socialistas ourensáns entre congresos, vén de aprobar por unanimidade as propostas de candidaturas para os procesos electorais que se celebrarán o vindeiro 23 de xullo. Así pois, nunha xuntanza extraordinaria celebrada na tarde de hoxe en Coles, o comité acordou a aprobación unánime da proposta de candidaturas presentada pola Executiva Provincial para o Congreso dos Deputados e o Senado, pendentes de ratificación polo comité federal, respectando as propostas recibidas das diferentes asembleas municipais de toda a provincia.

A partir de agora, corresponde ás estruturas superiores do partido concretar e aprobar as candidaturas definitivas, mediante un proceso que, para as eleccións xerais do 23 de xullo, concluirá o vindeiro domingo día 10 de xuño, no comité federal do que sairán as candidaturas do PSOE para toda España. A confección destas candidaturas está regulada nos estatutos mediante un proceso no que cada órgano desenvolve un papel diferente antes de que o comité federal escolla as definitivas.

Estas son propostas de candidaturas ás Cortes Xerais aprobadas polo comité provincial hoxe, ordenadas segundo o número de propostas recibidas das diferentes asembleas municipais de toda a provincia:

CONGRESOSENADO
Martín Rodríguez MargaritaRodríguez Villarino Rafael  (titular 1)
Pérez Abellás AdolfoIglesias Gil María Alida      (titular 2)
Tizón Vázquez UxíaGulín Iglesias Luis             (titular 3)
López Fernández BorjaBautista Carballo Miguel    (suplente 1)
Blanco Rodríguez NoelaRego López José Manuel   (suplente 1)
Nóvoa Fernández CelsoGonzález Álvarez Catalina  (suplente 1)
Martínez Rodríguez RosaRodríguez Estévez Susana  (suplente 2)
Rodríguez Ojea Miguel ÁngelRodríguez Castro Jesusa    (suplente 2)
 Basalo Gómez Celso        (suplente 2)

O PSdeG-PSOE ourensán destaca que o proceso “está a desenvolverse con absoluta normalidade e conforme ás normas que marcan os estatutos do PSOE, que conceden ás asembleas municipais e ás agrupacións provinciais a capacidade de facer propostas sen carácter vinculante”, co fin de acadar “candidaturas sólidas, fortes e gañadoras que conten co máximo apoio da militancia e de toda a cidadanía”. “As próximas candidaturas socialistas de Ourense permitirán, sen dúbida, gañar as eleccións xerais de xullo, para que Pedro Sánchez siga sendo o presidente do Goberno, reforzando á nosa provincia nas Cortes Xerais de España, e tamén servirán para impulsar a presenza do PSOE en todas as corporacións locais, presentando ós mellores candidatos e candidatas”, conclúen.