Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño da MIT 2023 A Luis Álvarez Pousa e Eduardo Alonso

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Comunícase o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño da MIT 2023 ás portas da presentación da 39ª edición da MIT Ribadavia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Luis Álvarez Pousa e Eduardo Alonso recibirán este recoñecmento o día da inauguración da 39ª MIT, o día 15 de xullo, en Ribadavia, dentro dun mes.

O luns día 19 de xuño ás 11h30 preséntase, en rolda de prensa, na Igrexa da Madalena, a programación completa da MIT 2023.

O venres 16 de xuño remata o prazo de admisión de orixinais para a 18ª convocatoria do Premio Abrente de Textos Teatrais.

Acta do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” 2023 concedido pola MIT Ribadavia ao mérito nas artes escénicas a

Eduardo Alonso e Luis Álvarez Pousa

Nesta edición de 2023, en que a MIT centra o seu programa na memoria e na celebración dos 50 anos da 1ª Mostra de Abrente en 1973, quere recoñecer tamén o traballo, a implicación e o legado de dúas persoas fundamentais na creación de estruturas institucionais estables para o teatro galego durante o primeiro Goberno Autonómico de Galicia.

Así, o xornalista Luis Álvarez Pousa foi o responsable das primeiras bases dun programa de estruturación, planificación e desenvolvemento de políticas teatrais a partir do seu nomeamento como Director Xeral de Cultura hai 40 anos, en 1984. Grazas ao seu labor e ao seu pensamento, que tamén honra o digno oficio da política como tarefa ao servizo da cidadanía e da cultura, creouse o Centro Dramático Galego en 1984, os circuítos teatrais, a consolidación da profesionalización e tamén a MIT, nesa mesma data, posicionando xa a Ribadavia como expoñente de intercambio, fortalecemento dos dereitos culturais e da diversidade e calidade artística. Álvarez Pousa foi ideólogo dos principais eixes de coordinación da xestión pública da cultura escénica, como se manifestou na publicación institucional Identidades daquel ano. Alí, resumíanse os cinco puntos básicos da articulación do sistema teatral galego e a súa dotación orzamentaria: a creación do Centro Dramático Galego, a potenciación e creación de Mostras e Festivais teatrais coas súas misións e roles específicos, a política de difusión teatral, a promoción de proxectos teatrais e o apoio e potenciación das actividades que fomentasen a creación de público.

Pola súa banda, recoñecemos e honramos o compromiso e implicación do director de escena, dramaturgo e produtor teatral Eduardo Alonso, que ademais de ser o primeiro Director Artítico do CDG, foi unha figura clave neste e noutros momentos da evolución e emerxencia do sistema teatral galego, como a elaboración do proxecto de creación do IGAEM en 1987. Con este premio, quérese poñer en valor tamén o sentido da responsabilidade institucional e o servizo ao ben común para a creación das bases de proxectos e institucións que aínda hoxe seguen a ser moi necesarias para a cohesión, a coordinación e potenciación do tecido profesional das nosas Artes Escénicas. As asesorías e o sentido da responsabilidade coa normalización da lingua e da cultura nun momento en que estaba todo por construír, son feitos que cómpre recordar e poñer en valor.

Por todo isto, a MIT, en agradecemento e á sombra daqueles inicios, quere honrar a estas dúas figuras que fixeron posible, entre outras cousas, que neste foro internacional, o teatro galego poida ter capacidades de crecemento e unha digna posición e proxección de futuro. Grazas.