A Asociación do Camiño Miñoto participa no V Forum do Camiño de Santiago

A Asociación do Camiño Miñoto Ribeiro participou o pasado venres no V Forum do Camiño de Santiago Fairway. Esta feira convértese nun foro profesional arredor do modelo turístico que propón o Camiño de Santiago.

O Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro nace en Braga e pasa por 17 concellos, entre eles os concellos da nosa contorna.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a Asociación teñen a firme aposta de seguir potenciando este trazado e mellorando a súa condición, así como difundilo entre o mundo da peregrinación. Dentro desa aposta enmárcase a súa presencia neste forum.