O Centro Sociocomunitario do Carballiño celebrou a gala de clausura das súas actividades anuais. Unha gala na que contaron cunha presentadora especial, Alba de Vales, contacontos e titiriteira.
Deleitáronnos con exhibicións dos grupos de Pilates e Aeróbic Latino, canto e pandereta co grupo do centro Riscadeiras, teatro co grupo do Sintron, coa obra: A Benidorn Vou e con Tiruleque e o microrelato: Morreu a tía María. Tamén co grupo infantil de baile moderno.