A Deputación concede 358.995 euros en axudas para seis iniciativas municipais e en colaboración con federacións veciñais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de 315.995 euros en axudas para financiar seis proxectos municipais, ademais de aprobar a resolución do concurso para subvencións das federacións veciñais ourensáns -concedendo un total de 43.000 euros-. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En cooperación local, na sesión de hoxe aprobouse unha axuda de 48.000 euros a favor do Concello de Rairiz de Veiga para executar obras de mellora da piscina municipal; unha subvención de 46.995 euros a favor do Concello de Vilamartín de Valdeorras para executar a obra de canalización no río Pedeanes; e unha axuda de 45.000 euros a favor do Concello da Teixeira para executar a obra de arranxo dun depósito de auga municipal. 

Ademais, o Concello de Gomesende recibirá unha subvención de 48.000 euros co obxectivo de colaborar na implementación da segunda fase de acceso do centro de saúde deste municipio; o Concello de Piñor, 80.000 euros para sufragar os gastos de redacción do proxecto, dirección e coordinación de obra da nova residencia da terceira idade; e o Concello de Oímbra contará con 48.000 euros para obras de humanización en Bousés. 

A Xunta de Goberno desta mañá tamén aprobou a resolución do concurso público para conceder as subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociacións veciñais de Ourense correspondente ao exercicio 2023. En concreto, concedeu, atendendo á valoración efectuada, 35.500 euros á agrupación de AAVV Miño e 7.500 euros á Federación Provincial de Mulleres Rurais.