No presente curso, o Concello do Carballiño rexistrou, de forma repentina, unha alta demanda en diferentes especialidades, polo que , ante a imposiblididade de poder aumentar as horas necesarias para cubrir parte da demanda, pois na súa totalidade sería imposible, demandará á Deputación de Ourense unha liña de colaboración que podería ser unha acción similar á realizada con outros concellos como é o envío de profesores. Neste tema, hai que recordar que a propia normativa laboral imposibilita que o concello amplíe o número de horas que prestan os profesores que se atopan na plantilla máis alá dun trinta por cento e que ademais hai que recordar as constantes variacións na demanda, por exemplo, na especialidade de frauta apenas houbo demanda en anos anteriores e neste curso existe unha lista longa de demandantes.
Ademais, destacan dende o Concello que na actualidade se está a prestar servizo á veciñanza de fora do Carballiño, pois o resto da comarca aporta un gran número de usuarios e demandantes, pero tamén a cidade de Ourense conta cun número importante e ó igual que outras vilas da provincia. Polo que cobra sentido, que a Deputación, concello de concellos, preste a colaboración necesaria. A esto, hai que sumarlle que o concello do Carballiño asume unha gran parte do coste do servizo e conta cunha serie de descontos que superan o 90 por cento dos usuarios bonificados, polo que as matriculas non se corresponden co coste real do servizo. Dende o ano 2018, o concello aumentou a partida de persoal do conservatorio en 90.000 euros, debido ó incremento nas horas de docencia, á suba salarial e a contratación de niovos profesores para a creación de novas especialidades. Ademais, o servizo tivo un esforzo economico importante en canto a investimentos, como máis de 100.000 euros en melloras no edificio, adquisición de intrumentos e material didáctico, ou a importante suba no prezo da enerxía, entre outras. Polo que o coste total do servizo, entre persoal docente, administrativo e de limpeza, sumado ó coste de enerxía, supera de longo os 300.000 euros. Mentres que os ingresos por matrículas foron de 46.218,24 euros.
Nos últimos anos, tanto o Concello do Carballiño como a Fegamp loitaron xuntos para que a Xunta de Galicia se fixera cargo do servizo, algo que ata o de hoxe foi imposible. Incluso, se mantiveron reunións entre os diferentes concellos de Galicia que contan con conservatorio municipal para solicitar que o servizo fora financiado a partes iguais por concello, deputacións e Xunta,é dicir, un tercio do coste cada un. Ó final, logo de moitas reunións, únicamente as deputacións de Lugo, Pontevedra e Coruña aceptaron, pero a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia non apoiaron a proposta. En todo caso, o concello seguirá loitando para que o ente autonómico se faga cargo da totalidade do servizo, ó igual que fai na cidade de Ourense.
Para o goberno local o servizo da escola de Música e do Conservatorio Municipal é imprescindible, e en ningún caso se ve simplemente como un gasto, pero como calquer servizo municipal debe ser xestionado con responsabilidade e eficacia. Nos últimos anos, moitos foron os rapaces e rapazas que triunfaron na vida profesional como músicos, pero tamén moitos outros tiveron unha aportación que lles axudou na vida académica e profesional, ademais da súa aportación á vida cultural da vila. Nestes días, no concello se recibiron tamén queixas sobre a situación da Banda de Música do carballiño e, ante esto, as autoridades municipais recordan que a banda é unha asociación que conta con unha autonomía total para a toma de decisións como o resto dos colectivos culturais.
Finalmente, dende o concello do Carballiño queren agredecer o traballo realizado polo persoal docente do Cmus e a Esmo, que leva anos facendo que o servizo sexa unha referencia a nivel autonómico e que, ademais, pasou no ultimo curso de 152 usuarios a 220, unha cantidade moi significativa. Asemade, tamén quere recoñecer a implicación e o interese da Anpa no funcionamento do servizo.