Este venres, día 30 na tenda OZOCOgz presentación do proxecto 13 Editora

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Comunicado da tenda OZOCOgz do Carballiño

venres, 30 de xuño estará con nós a editorial 13 EDITORA  presentándonos o seu proxecto.13 Editora é un proxecto editorial sen ánimo de lucro de carácter independente que xorde ao abeiro de ECOAR))).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Traballan na produción de contidos e ferramentas que contribúen a facer máis libres ás persoas, difundindo o pensamento crítico alternativo a través de discursos de carácter plural e ofrecendo textos de formación e información social, económica, política e cultural.

Será na nosa tenda OZOCOgz do Carballiño ás 20:00 horas. En 13 Editora apostan por desenvolver a actividade partindo da mesma base conceptual de ECOAR))), pero a través do desenvolvemento duns valores propios e específicos: plural, críticx, comprometidx, creativx, emancipadorx e sustentable.


Así, 13 Editora pretende intervir na sociedade de xeito activo, polo que ten un posicionamiento claro: pronúnciase, mobilízase e denuncia.  A produción editorial de 13 Editora focalízase en a) ensaios de carácter reflexivo e didáctico, cun enfoque tanto académico como divulgativo, e b) manuais que ofrecen una formación completa e específica en eidos concretos do campo do activismo, dende un enfoque práctico. En ambos casos, compleméntanse aqueles títulos que constitúen un referente nos seus respectivos campos con títulos más recentes, descoñecidos ou descatalogados.