- A porcentaxe de participación é dun 52%
- Pola tarde celebraranse as probas do corpo auxiliar xeral C2 ás que están convocadas máis de 8.700 persoas
Silleda, 1 de xullo de 2023.- A Xunta acaba de iniciar hoxe con normalidade as oposicións para 75 prazas no Corpo Superior da Administración autonómica (A1).
A porcentaxe de participación nos exames que se celebran esta mañá no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, é do 52%. A estas probas estaban convocados un total de 1.572 aspirantes dos que finalmente se presentaron 822.
A continuación, pola tarde ás 16,00h realizaranse os exames para 120 prazas do Corpo auxiliar (C2) no que están chamadas a participar máis de 8.700 persoas.
Operativo de seguridade
Un operativo formado por preto de 280 persoas controla que todos os procesos selectivos se desenvolvan de xeito correcto e con total seguridade. O recinto dispón tamén dunha ambulancia, habilitada pola Administración galega para atender calquera incidencia que se puidese producir durante a realización das probas.