Inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias de dúas vivendas de promoción pública no Carballiño.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2023, da Comisión Provincial de Vivenda
de Ourense, de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias de
dúas vivendas de promoción pública, expediente OU-2002/501, no concello do
Carballiño.

De conformidade co establecido no artigo 22 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo
que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia e a adxudicación
das vivendas protexidas, a Comisión Provincial de Vivenda de Ourense, en sesión do 21
de xuño de 2023,
ACORDA:
Iniciar o proceso de selección das persoas adxudicatarias de dúas vivendas de protección oficial de promoción pública, que se desenvolverá de conformidade cos seguintes
criterios:
Primeiro. Características das vivendas
Número de vivendas: 2.
Localización e tipoloxía das vivendas:
Vivenda situada na avenida Compostela, nº 122B, 2º A: a vivenda ten unha superficie
de 82,50 m2
. Dispón de 3 dormitorios e ten como anexos unha praza de garaxe e un rocho.
Vivenda situada na avenida Compostela, nº 122C, 2º A: a vivenda ten unha superficie
de 82,50 m2
. Dispón de 3 dormitorios e ten como anexos unha praza de garaxe e un rocho.
Segundo. Cualificación das vivendas
A promoción obtivo a cualificación definitiva como vivendas de promoción pública en
virtude da Resolución da xefa territorial de Ourense do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) do 2 de novembro de 2005.

Terceiro. Réxime de adxudicación das vivendas da promoción
As vivendas adxudicaranse en propiedade ou arrendamento. Será obrigatoria a adxudicación en réxime de arrendamento cando os ingresos ponderados das persoas solicitantes, computados os da totalidade dos membros da unidade familiar ou de convivencia
en que estean integradas, sexan inferiores a 1,5 veces o indicador público de rendas de
efectos múltiples (IPREM).
Cuarto. Condicións xerais das persoas beneficiarias

COMERCIAL ORCELLÓN
  1. Poderán acceder a estas VPP as persoas, nacionais ou estranxeiras, maiores de
    idade ou menores emancipados, con plena capacidade de obrar que, como titulares dunha
    unidade familiar ou convivencial, reúnan os seguintes requisitos:
    a) Atoparse inscritas ou anotadas na data desta resolución de inicio no Rexistro Único
    de Demandantes de Vivenda de Galicia, na sección 1ª, como demandantes de vivenda
    de protección oficial de promoción pública para o concello do Carballiño como concello
    preferente.
    b) Ter ingresos ponderados por unidade familiar ou de convivencia entre 0,7 e 2,5 veces
    o IPREM.
    c) Residir ou traballar no concello do Carballiño, agás no caso de persoas emigrantes
    que desexen retornar e que acrediten residir fóra de Galicia por un tempo non inferior a
    cinco anos.
    d) Carecer calquera membro da unidade familiar ou de convivencia de vivenda en calidade de propietario, agás que se dean algunha das seguintes circunstancias:
    Acreditar que a vivenda de que se dispón sexa inhabitable, insuficiente ou inadecuada
    nos termos especificados na Resolución do 14 de setembro de 2012, do IGVS. Se resulta
    adxudicatario/a queda obrigado/a a ofertarlle ao IGVS a dita vivenda.
    Habitar unha vivenda suxeita a expediente de expropiación ou desafiuzamento xudicial
    ou administrativo non imputable á persoa interesada, ou ben ocupar aloxamentos provisionais como consecuencia de situacións de emerxencia ou remodelación que impliquen
    a perda da vivenda.

    e) Non atoparse en algunha destas circunstancias, referidas a calquera membro da unidade familiar ou de convivencia:
    Que xa fosen titulares de VPP e a perdesen como consecuencia dun procedemento
    de desafiuzamento, resolución de contrato tramitado polo IGVS ou a allease por calquera
    causa, coa excepción de cambio de residencia por motivos laborais, ou outros xustificados,
    a xuízo da Comisión Provincial.
    Que sexan titulares de bens inmobles de natureza rústica ou urbana suxeitos ao imposto sobre bens inmobles que teñan un valor catastral superior a 30.000 euros.
  2. Sen prexuízo do anterior, será requisito para a adxudicación das vivendas manter a
    vixencia da inscrición no Rexistro de Demandantes na data de inicio do procedemento de
    selección, de xeito que a falla de renovación desta, de resultar obrigado a iso nos termos
    do artigo 15 do Decreto 1/2010, en calquera momento anterior ao acordo de adxudicación
    definitiva, determinará a perda do dereito ao acceso á vivenda.
  3. Como condición específica deste procedemento, determínase que para a adxudicación das vivendas se realizará unha lista das unidades convivenciais candidatas formadas por entre 2 e 6 membros, segundo a orde de maior a menor número de membros e, en
    caso de igualdade, con maiores ingresos económicos (IPREM), que cumpran co resto dos
    requisitos establecidos nesta resolución.
    Quinto. Condicións xerais de carácter económico
  4. Réxime de compravenda.
    a) O valor das vivendas de promoción publica será elaborads con base no 100 % do
    módulo aplicable a cada metro cadrado de superficie útil das vivendas, segundo a área
    xeográfica en que estean situadas, vixente no momento da cualificación definitiva da promoción. No caso de vivendas unifamiliares a dita base será do 120 %.
    b) Os prezos de venda fixaranse en atención ao valor da vivenda e aos ingresos ponderados dos adxudicatarios, e serán os seguintes:
    I. Para os adxudicatarios con ingresos familiares ponderados comprendidos entre 2 e
    2,5 veces o IPREM: o 70 % do valor da vivenda segundo o estudio económico. Se exisCVE-
    tisen rochos e garaxes vinculados ao prezo destes será, respectivamente o 2 % e o 8 % do
    valor da vivenda correspondente.
    II. Para os adxudicatarios con ingresos familiares ponderados comprendidos entre 1,5 e
    2 veces o IPREM: o 60 % do valor da vivenda segundo o estudio económico. Se existisen
    rochos e garaxes vinculados, o prezo destes será, respectivamente, o 2 % e o 8 % do valor
    da vivenda correspondente.
    III. Para as persoas adxudicatarios con ingresos familiares ponderados ata 1,5 veces
    o IPREM: o 50 % do valor da vivenda segundo o estudo económico. De existirien rochos
    e garaxes vinculados, o prezo destes será, respectivamente, o 2 % e o 8 % do valor da
    vivenda correspondente.
    c) As vivendas venderanse aprazando a totalidade do prezo, que producirá un xuro
    máximo anual do 5 % e devolverase en 30 anos en cotas mensuais, integradas por capital
    e xuros. Cando no momento da adxudicación definitiva do grupo efectuada pola Comisión
    Provincial de Vivenda, o tipo de xuro anteriormente establecido fose superior ao fixado polo
    Consello de Ministros para os convenios que subscriba o Ministerio de Vivenda coas entidades prestamistas para o financiamento de actuacións protexidas en materia de vivenda
    e solo, entenderase que este último será o tipo de xuro aplicable.
    d) A firmeza da adxudicación estará condicionada á sinatura do correspondente contrato
    de compravenda, logo de pagamento por parte do adxudicatario dos gastos e impostos que
    procedan.
  5. Réxime de arrendamento.
    a) Os contratos de arrendamento terán unha vixencia de sete (7) anos prorrogables por
    períodos anuais e estarán prohibidos en todo caso a cesión ou o subarrendamento, total
    ou parcial. A contravención desta prohibición dará lugar á resolución do contrato de arrendamento, con independencia das sancións que procederen.
    b) A renda inicial anual será a que resulte de lle aplicar o 3 % ao que sería o prezo de
    venda da vivenda e anexos, de ser o caso, determinado de acordo co establecido no Decreto 253/2007.

    c) A firmeza da adxudicación estará condicionada á sinatura do correspondente contrato
    de arrendamento, logo de pagamento por parte do adxudicatario da fianza correspondente.
    Sexto. Procedemento de adxudicación e data do sorteo
    Debido á condición especificada no punto 3 do número cuarto desta resolución, a adxudicación realizarase mediante unha lista, que incluirá todos as persoas candidatas que
    cumpran cos requisitos establecidos nel, atendendo á orde descrita (adxudicatarias provisionais e reservas).
    Só no caso de igualdade de condicións entre varias unidades convivenciais se realizará
    o sorteo previsto no Decreto 1/2010, que, se ser o caso, terá lugar o día 11 de xullo de 2023
    ante notario, nas dependencias da Área Provincial do IGVS, rúa Sáenz Díez, número 1,
    Ourense, salvo indispoñibilidade do fedatario autorizante, caso en que se publicará a nova
    data do sorteo na páxina web do IGVS.
    De non ser necesario o sorteo, o notario dará fe da orde de persoas candidatas proposta.
    A lista de espera manterá a súa vixencia ata o día 30 de xuño de 2024 ou ata que se
    realice un novo sorteo de vacantes.
    Ademais de polo transcurso do prazo, a lista de espera caducará automaticamente cando se esgote por non quedaren integrantes aos cales ofertar as vivendas.
    Unha vez rematado o sorteo publicarase a lista provisional de persoas adxudicatarias e
    a lista de espera, e realizados os trámites previstos nos artigos 24 e 25 do Decreto 1/2010,
    esta comisión provincial ditará resolución aprobatoria das listas definitivas de persoas
    adxudicatarias.
    O feito de resultar adxudicatario/a provisional no sorteo non determinará a condición de
    adxudicatario/a definitivo/a mentres non se acredite que se reúnen os requisitos sinalados
    no criterio cuarto desta resolución.
    En caso de renuncia ou incumprimento doutros requisitos, excluirase a unidade familiar
    ou convivencial da lista, cos efectos previstos no artigo 73.3 da Lei 8/2012, de vivenda de
    Galicia, se é o caso.

    Sétimo. Reservas
    Non se fai ningunha reserva das establecidas nos artigos 74 da Lei 8/2012 e 34 do Decreto 253/2007.
    Oitavo. Publicidade e reclamacións
    A resolución de inicio do procedemento de adxudicación publicarase no Diario Oficial de
    Galicia e as sucesivas publicacións, incluída a dita resolución de inicio do procedemento,
    a lista de persoas adxudicatarias provisionais resultante do sorteo e a resolución da lista
    definitiva de persoas adxudicatarias e de espera, de acordo cos artigos 22.1 e 24.3 do
    Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, publicaranse no taboleiro de anuncios do concello, no da
    Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e na páxina web do organismo.
    Esta publicidade substituirá as notificacións persoais, de conformidade co previsto no
    artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
    administracións públicas.
    Tras a publicación da lista provisional na forma indicada, as persoas solicitantes que se
    consideren prexudicadas no seu dereito disporán dun prazo de dez (10) días para presentar reclamación ante a Comisión Provincial de Vivenda, que deberá adoptar a resolución
    que proceda no prazo máximo de tres (3) meses.
    A lista definitiva publicarase de igual forma que a lista provisional. A resolución aprobatoria porá fin á vía administrativa. Contra esta resolución poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes, de conformidade co establecido no artigo 123 da
    Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses ante
    o órgano xurisdicional.
    Noveno. Adxudicación de vivendas e prazo para renunciar
    A adxudicación seralles notificada ás persoas interesadas e deberá conter, entre outros,
    os seguintes datos: tipo de vivenda, superficie útil, réxime de adxudicación e prezo de
    renda.
    Para os efectos do previsto no artigo 28.2 do Decreto 1/2010, establécese un prazo
    de quince (15) días para que, en caso de resultar adxudicatario definitivo dunha destas

    vivendas, as persoas interesadas poidan renunciar a ela ou, no caso de aceptala, efectuar
    o ingreso dos impostos e gastos que procedan no caso de compravenda.
    Décimo. Actuación revisora
    Correspóndelle á Comisión Provincial de Vivenda a revisión das adxudicacións de vivendas nos casos en que se observe que a dita adxudicación se produciu tendo en conta
    datos falseados ou incompletos.
    A falsidade ou ocultación na achega de datos dará lugar á incoación do oportuno expediente sancionador, coas consecuencia e efectos que figuran na Lei 8/2012, do 29 de xuño,
    de vivenda de Galicia.
PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------