Seguimos coas nosas presentacións, neste caso saimos da nosa tenda para ofrecervos a actividade nun espazo único e singular, Pazos de Arenteiro, no Concello de Boborás.
Que por qué aí?
Porque Pazos de Arenteiro é o lugar onde Roberto Fernández Álvarez ambienta o decorrer da novela “A inmoral doutora Cons”.
Relátanos a historia de O Golpe, un ancián que lembra a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar.
Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medicina. Drama e humor ben conxugados cunha prosa rica que se asenta nas mellores letras da nosa tradición.
AiraEditorial, Aldea Rural Pazos de Arenteiro