Francisco Fraga, avoga por mais servizos sociais para a comarca do Carballiño

Francisco Fraga, o cabeza de lista pola provincia de ourense pola coalición entre espazo común-recortes cero-os verdes-municipalistas ao parlamento galego avoga por mais servizos sociais e mais emprego estable para a comarca do Carballiño

Para Francisco Fraga hai unha demanda clara dos veciños do Carballiño e doutros concellos da comarca por cubrir unhas necesidades que agora están deficientemente cubertas. Di que necesítanse mais centros residenciais e de día e unha mellora nos servizos do centro de saúde do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Por outra banda, Fraga considera que O Carballiño ten unhas potencialidades económicas e de emprego que ainda non están aproveitadas. Temos as infraestruturas e hai tirar delas para conseguir un emprego estable que non dependa de festas ou temporalidades. 

Na entrevista mantida onte co candidato de Espazo Común falamos tamén de propostas para a comarca do Ribeiro. Francisco Fraga aposta por darlle un pulo ao sector agrogandeiro, igual que na comarca do Carballiño pero no Ribeiro, coa especificidade do cultivo do viño, defende un plan estratéxico que vincule o sector vitivinícola aos sectores turísticos e productivos.