Medio Rural poda das árbores das zonas recreativas das parroquias

A área municipal de Medio Rural, que coordina a concelleira Rosa Fuentes, iniciou a poda das árbores das áreas recreativas e espazos públicos das parroquias.

Publicidade

Este labor diu comezo nas áreas recreativas de Señorín e Arcos, que xa quedou rematado, e proseguirá por outras zonas do rural de titularidade municipal.

As árbores situadas na área recreativa de Mesego e nos arredores do IES Chamoso Lamas, serán podadas durante as vacacións de Nadal, aproveitando o período vacacional do centro para maior seguridade do alumnado.