Esta vindeira semana o Cine Club Carballiño organiza a 13ª edición de Flores de cine, tres días de cine ao aire libre no barrio de Flores, ao lado de A Bodega. Comenzaremos o día martes 11 coa proxección das dúas curtas realizadas este ano polos alumnos do IES Chamoso Lamas. Medo me dá é unha curta de 18 minutos na que os rapaces e rapazas do grupo de teatro do centro constrúen unhas historias para achegarnos a aquelas cousas que lles dan medo e como fixeron para superalas. A continuación, proxectarase a curta documental (25 minutos) Cen anos doces, que nos achega á historia e ao traballo diario da Confeitería Cerviño. O mércores día 12 temos unhas das grandes obras do neorrealismo italiano, o filme Bellisima, dirixido por Luchino Visconti e protagonizado por Anna Magnani no ano 1951. O filme está considerado un dos mellores da historia do cinema italiano. E pecharemos este ano o xoves 14 con outro filme mítico, The stranger (1947), dirixido por Orson Welles (que fai tamén un papel no reparto) e protagonizado por Edward G. Robinson e Loretta Young. Un magnífico filme de cine negro que tivo no ano da súa estrea unha nominación aos Oscar e ao León de Ouro no Festival de Venecia.Todas as proxección son gratuitas e comezarán ás 22:30 horas.