Presas: “Nada lle pode molestar máis a quen intenta censurar que o voto ao BNG este 23X”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A cabeza de lista chama a concentrar o voto no BNG das persoas que aman a cultura e ante a ameaza da censura da “dereita antigalega e antiliberdade”

“Estamos desputando o último escano co Partido Popular, o voto ao BNG serve para parar a dereita e defender os intereses de Ourense, tamén da nosa cultura propia” asegura Noa Presas

COMERCIAL ORCELLÓN

Sinala que, nun contexto sen maiorías absolutas, as forzas soberanistas do Estado son as que están a ser o dique de contención da dereita e garantindo avances sociais

Ourense, 13 de xullo de 2023. A cabeza de lista do BNG, Noa Presas, e o candidato ao Congreso, Roberto Pascual, participan dun encontro aberto na cidade de Ourense onde apelaron á mobilización do mundo da cultura nestas eleccións para frear a dereita “antigalega e antiliberdade”. Así mesmo, chaman a concentrar o voto no BNG este 23X como forza política que actúa e actuará como dique de contención contra a censura e garantindo avances sociais no camiño de construír unha sociedade “máis libre, crítica e viva”. Presas e Pascual coinciden en que nestes comicios a cidadanía xógase moito e reivindican a cultura como un dereito cívico.

O candidato do BNG ao Congreso, Roberto Pascual, reivindica o dereito á cultura como un dereito cívico e apela á mobilización do sector da cultura nestas eleccións para frear a dereita. “Están en xogos os dereitos culturais, a liberdade de expresión e creación así como a pluralidade cultural e lingüística do Estado” alerta Pascual. O sector cultural galego, engade o candidato, resiste e, a pesar de todos os atrancos, lidera con brillantez e é chave para “construír unha sociedade máis libre, crítica e viva”, así como un elemento fundamental para o desenvolvemento económico do País.

“O auxe desa dereita máis casposa e ese discurso e dinámica violenta é un problema que compartimos co resto das culturas do Estado mais tamén hai unha criminalización e unha persecución aberta da cultura e a lingua galega” apunta a cabeza de lista do BNG. Noa Presas sinala que, nun contexto en que as forzas nacionalistas do Estado son as que fan de dique de contención da dereita e garantía de avances sociais, a frente nacionalista volverá ao Congreso con máis forza e capacidade para defender e protexer a lingua e a cultura galega. “A cultura é unha das bases fundamentais da democracia e hoxe estamos nunha nova crise e non cabe a neutralidade” afirma.

Neste sentido, Presas apela á mobilización do mundo da cultura para “conseguir frear a dereita antidemocrática e antigalega”. Para este obxectivo, a cabeza de lista sinala a necesidade de que o BNG consiga un grupo forte en Madrid este 23X para condicionar as políticas de Estado, nun contexto onde non haberá maiorías absolutas. “Estamos disputándolle o último escano ao Partido Popular e temos que convertelo en realidade. Nada lle pode molestar máis a quen intenta censurar que o voto ao BNG” apuntala.

Por outra parte, o BNG defenderá o emprego de fondos europeos para a promoción da cultura, así como garantir a presenza normalizada da lingua galega e das producións culturais galegas en RTVE ou mesmo incrementar as horas de desconexión territorial en lingua galega. “Defendemos garantir e incrementar a liña de axudas dirixida especificamente a longametraxes, curtametraxes e producións audiovisuais en galego por parte do Ministerio de Cultura” asevera Presas.

Por outra parte, comprométense a levar a cabo unha reforma da Lei do Audiovisual co obxectivo de garantir a plena igualdade de todas as linguas oficiais do Estado. “Exixiremos ás plataformas a dispoñibilidade das producións do seu catálogo con dobraxe e lexendaxe en galega, especialmente nos contidos dirixidos ao público infantil, ademais de mellorar a definición e regulación das produtoras independentes e a promoción e normalización das mulleres no mundo audiovisual” conclúe.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------