A Casa Consistorial do Carballiño acolleu esta mañá a presentación do obradoiro dual de emprego “Carballiño 2026-2027”, un novo proxecto para a formación e inserción laboral dun total de 20 persoas do municipio.
O alcalde en funcións, José Castro-Gil, acompañado pola concelleira de Emprego, Diana González, e o equipo que coordinará este programa, subliñou que “este é o primeiro obradoiro que ten o Concello do Carballiño en solitario e que proporcionará formación a 20 veciñas e veciños durante un periodo de nove meses”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O proxecto contempla dous módulos diferenciados: un de técnicas forestais para centrarse en tarefas de desbroce, e outro adicado á albanelería e pintura industrial co punto de vista posto no sector da construción.
O equipo directivo e docente do obradoiro está formado por Rosa Fernández, José Alberto Blanco, Lourdes Prieto e José Nóvoa, e o alumnado participante.
















