Inaugúrase unha MIT que aposta polos Premios Revelación e as novas voces escénicas do panorama de todo o Estado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta é unha MIT de intenso programa, con ata 6 actividades por día, entre as que destacan 8 espectáculos de rúa, varias actividades paralelas e a convivencia entre artistas consolidadas e valores emerxentes e novidosos. A MIT quere converter a Ribadavia nun rebulir de encontros e emocións arredor de varios escenarios.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No acto de inauguración, ademais dos espectáculos da arxentina Marina Otero e do multipremiado clown galego Roi Borrallas, tamén se fará entrega do Premio de Honra ao xornalista Luís Álvarez Pousa e ao director de escena Eduardo Alonso. Acontecerá na Alameda, coa asistencia do Director General do INAEM do Goberno de España, o Conselleiro de Cultura e Educación da Xunta de Galicia e diversas personalidades vinculadas á Academia Galega do Teatro e a distintas asociacións teatrais.

Esta MIT da memoria, de celebración e de humor, de exploración e de innovación, destaca a presenza de varios Premios Max, como a poderosa actriz Alessandra García ou a compañía de recente creación Mujer en Obras. Compañías que atesouran o Premio de Novas Voces da Crítica, como Las Huecas ou o Premio Xuventude Crea, como é o caso da galega Vórtice Escénico.

Esta edición conta con espectáculos sorprendentes na súa composición, como é o caso de If, la ligereza, da madrileña Compañía del Sr. Smith, onde o público vota entre unha serie de vidas alternativas dos personaxes, para elixir cal quere ver representada. Un dos espectáculos máis refrescantes do ano e que se estrea en Galicia, como a maioría dos espectáculos do programa, coa oportunidade única de gozar deles en entornos de gran beleza patrimonial.