” Acende o Xacobeo ” Iluminación da Torre do Reloxo da Praza Maior de Cea

Iluminación da Torre do Reloxo da Praza Maior de Cea, para conmemorar a chegada do Xacobeo 2021.

O proxecto “acende o xacobeo” da Xunta ilumina seis monumentos da provincia como conta atrás cara o xacobeo 2021

AVANTAR ACTIVIDADES

O proxecto “Acende o Xacobeo” da Xunta iluminará seis monumentos da provincia como conta atrás cara o xacobeo 2021. Nunha primeira fase que principia maña, 22 de decembro ata o 25, acenderanse as luces do edificio do concello do Barco de Valdeorras, emprazado no Camiño de Inverno; e a Igrexa de San Martiño da Gudiña, o Parador Castelo de Monterrei e a Colexiata de Santa María de Xunqueira  de Ambía; os tres últimos pertencentes á Vía da Prata. Nunha segunda fase, do 26 ao 28 de decembro, acenderanse as luces da Catedral de Ourense e as da Torre do Reloxo de San Cristovo de Cea

Os monumentos escollidos para cada fase iluminaranse de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela. O seu acendido principiará as 18,30 h. ata as 24,00 h.

Trátase de 41 monumentos representantivos das diferentes rutas do Camiño de Santiago que pasan pola comunidade galega, aos que se suman 50 doutras 10 autonomías que colaboran na iniciativa.

Ademais, na Torre do Reloxo da Catedral, coñecida como A Berenguela, proxectarase durante o período un vídeo de animación que tamén recreará a peregrinación a Compostela.

Á iniciativa sumáronse 10 comunidades autónomas –Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia e Navarra- iluminando outros 50 monumentos, moitos deles vinculados ao Camiño de Santiago. Castela e León seguirá a mesma secuencia por fases que a comunidade galega e no resto de autonomías o acendido realizarase o 31 de decembro. No caso de Madrid, as iluminacións na glorieta de Atocha e no distrito de Fuencarral co logo do Xacobeo 2021 en gran formato estarán presentes durante todo o Nadal.