O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Beade

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, iniciou unha rolda de encontros institucionais cos novos alcaldes da provincia tralas recentes eleccións municipais do pasado 28 de maio.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de Beade, Fernando Taboada, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica. O delegado tivo a ocasión de tratar xunto o seu rexedor, temas prioritarios para o seu concello.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------