O BNG urxe ao concello da Bola solucionar o problema de abastecemento da veciñanza da Veiga

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A veciñanza denuncia que a solución provisional do concello fornece de auga non apta para o consumo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A BOLA, 27 de xullo de 2023. Vanessa García, voceira do BNG da Bola, ven de acompañar á veciñanza da Veiga que convocou unha protesta ante a casa do concello da Bola pola demora inxustificada no arranxo do suministro de auga a esta localidade do concello, e que aínda non ten visos de solución.

Tras unha semana  con problemas de abastecemento no lugar da Veiga do concello da Bola, a veciñanza convocou unha protesta na casa municipal para demandar solucións ao goberno municipal.  Tal como informa a Vanessa García, só tras a presión veciñal un concelleiro do grupo de goberno se achegou a escoitalos,  pero que  afirmou que ” non ía solucionar o problema sen falar coa alcaldesa”  tal como reflicten os veciños no escrito que rexistraron esta maña no concello, quedando sen solución ningunha.

 O problema, que comezou a pasada fin de semana, estaba previsto solucionarse de forma definitiva o mércores, como informaron os veciños que lles aseguraba a alcaldesa,  porén chegado o mércores continuou o problema sen explicación algunha á veciñanza  

A veciñanza denuncia así mesmo que a solución provisional do concello,  meter auga no tanque cunha cisterna, está provocando aparición de auga turbia  que non se pode usar para consumo  e desconfían que a cisterna que se emprega non sexa só para transporte de auga.

Desde o BNG úrxese ao grupo de goberno a axilizar a reparación da avaría e clarificar as razóns polas cales se lles suministra auga non apta para o consumo.