O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá en Pereiro de Aguiar á IV edición da Festa Etnográfica do Pereiro.
Da man do seu alcalde, Luís Menor, e tras percorrer as diferentes casetas, Gabriel Alén subliñou a contribución da Xunta á recuperación desta festa etnográfica a través dun campo de voluntariado enmarcado na campaña de verán da Consellería de Política Social e Xuventude.
A Festa Etnográfica do Pereiro tenta recuperar os oficios tradicionais, tal e como a olería, cestería, talla en madeira, apicultura ou elaboración de instrumentos musicais co obxectivo de evitar que se perdan estas tradicións e poñer en valor esta riqueza intanxible dos nosos devanceiros.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------