O Bng de Ourense esixe ao alcalde Jacome para que obrigue ás empresas adxudicatarias das obras que apliquen con rigor o plan de seguridade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

AO ALCALDE (RESPONSABLE DE INFRAESTRUTURAS) QUE OBRIGUE ÁS EMPRESAS ADXUDICATARIAS DAS OBRAS QUE APLIQUEN CON RIGOR O PLAN DE SEGURIDADE E QUE CONSONTE AO ESTABLECIDO NA LEXISLACIÓN VIXENTE, SE IMPIDA O TRÁNSITO DE PERSOAS ALLEAS Á CONTRATA POLO MEDIO DAS OBRAS, E QUE SE GARANTA O ACCESO AOS SERVIZOS ASISTENCIAS E DE EMERXENCIA NO CASO DE SER PRECISO.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estes días, as veciñas e veciños do centro (entorno do Parque de San Lázaro) levantaban a voz para queixarse do caos que están están a xerar as obras de reforma da rúa Bedoia. Non son ás únicas veciñas preocupadas  coa situación caótica que hai nas zonas que están levantadas en distintos puntos da cidade.

Pero ao caos e ao improvisación, hai que sumar a falla de seguridade durante a execución das mesmas.  E demasiado frecuente ver a persoas pasando polo medio e medio das obras, o que supón un evidente perigo para eles. Coincide ademáis todo isto en momentos nos que hai moita afluencia de xente en Ourense, que ao non ter os espazos das obras debidamente balizados móvense polo interior das mesmas.

As obras teñen que estar perfectamente balizadas, sinaladas e delimitadas. Cando a maquinaria pesada ten que desprazarse ten que haber persoal da obra que corte o tráfico e controle que a xente non se acerca.

O Real Decreto 555/1986, do 21 de Febreiro, Polo que se implanta a obriga da inclusión dun estudo de seguridade e hixiene no traballo nos proxectos de edificación e obras públicas, prescrigbe no seu artigo 2 que o devandito estudo recollera as medidas preventivas adecuadas aos riscos que conleve a realización das obras, así como aos derivados dos traballos de reparación, conservación, entretemento e mantemento, incidindo así plenamente no ámbito da sinalización, balizamento e, no seu caso, defensa tanto das obras viarias como dos citados traballos de conservación e explotación das mesmas. E

Todo isto que figura na norma, salvo honrosas excepción, non se cumple, provocando que os niveis de seguridade na maioría das obras sexa nulo. O goberno municipal está a moverse na total e absoluta improvisación, e a improvisación é o contrario da seguridade.

A situación é tan caótica que hai puntos da cidade onde os veículos teñen que circular en dirección prohibida, sin que haxa axentes da policía local para redirixir o tráfico (evidentemente isto non é da súa responsabilidade)

Habida conta das eivas de seguridade nas obras da cidade, en xeral, calquera inspección acabaría provocando a paralización das mesmas.

Por esta razón, e tendo en conta o caos e malestar que esta situación está a provocar en distintos espazos da cidade, tendo en conta que os niveis de seguridade das obras son escasos ou nulos, é polo que vimos de SOLICITAR que se aplique con rigor o plan de seguridade das obras e pedir que, consonte ao establecido na lexislación de aplicación, se impida o paso dos peóns ao interior das mesmas e se garanta o acceso aos servizos asistenciais e de emerxencia en caso de ser preciso.

Noutra orde de cousas, o deputado no Parlamento galego,  Iago Tabarés, vai trasladar a súa preocupación polo modo e maneira no que se están a facer as reformas das rúas no centro da cidade, unha cidade que en vez de ser proactiva na loita contra o cambio climático, está cada vez máis pensada para os veículos. So así se entende que nunha cidade onde no verán se alcanzan picos de 40 graos de temperatura, se utilice asfalto. Lonxe de renaturalizar os espazos da cidade e de utilizar materiais que mitiguen al altas temperaturas, este goberno municipal aposta por converter Ourense nun deserto de formigón e pedra.