A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, realizará unha visita institucional e asinará no Libro de Honor do Concello do Carballiño. A continuación, desprazarase camiñando co alcalde, Francisco Fumega, e o resto da Corporación á entrada do Parque Municipal onde terá lugar a recepción oficial da Festa do Pulpo, ás 13.00 horas.