O Festival de Títeres do Carballiño puxo fin a 15ª edición este pasado sábado, despois de que catro compañías fixeran as delicias dos máis pequenos da casa. Un ano máis volveu a seu todo un éxito na programación de verán.
Par apoñer o broche final, fixeron un acto especial como homenaxe a Ana Isabel Rodríguez, unha pioneira na arte dos títeres en Galicia que no ano 1974 escribiu os primeiros textos en galego por encargo da asociación Avantar do Carballiño. O seu lema era “por un teatro en galego”. Estivemos con ela falando desa primeira obra.