Ribeiro en Común manifesta a súa preocupación polo proxecto dunha “Megabalsa” de auga no monte do Coto de Novelle, no corazón da comarca do Ribeiro, e lindeiro co municipio de Ribadavia.

Este monte está a carón do encoro de Castrelo de Miño, e ademais de a este municipio tamén pertence a Cartelle e Arnoia, todos gobernados polo PP.

– Goberno Central e a Xunta tramitan este proxecto, que se atopa en fase de tramitación ambiental, e que pretende a construción dunha balsa de almacenaxe de auga no pico do Coto de Novelle, a 700 metros de altura, cunha capacidade de 1,36 hectómetros cúbicos de auga e ocupando unha superficie de case 22 hectáreas.

AVANTAR ACTIVIDADES

– Modelo enerxético de Galicia:

O espolio de recursos para xerar impacto ambiental e molestias aquí mentres que levan a riqueza fora. Galicia temos excedente en enerxía eléctrica pero non temos ningunha empresa pública que canalice esa riqueza en beneficio dos galegos e galegas e das nosas facturas cada día máis abusivas.

– Comarca vitivinícola e medioambiental:

Ribeiro en Común levará a Pleno a Moción para que o Concello de Ribadavia se interese por este macro proxecto para garantir que antes da súa continuidade se busque un modelo de aproveitamento enerxético que non supoña unha agresión ao medio natural e a nosa fauna, e se coñeza o posible impacto climático nunha comarca onde o sector do viño é tan importante.

O impacto que pode ter este proxecto, cunha enorme movemento de terras sobre os hábitats naturais e a biodiversidade, é enorme, e este tipo de balsas poden modificar o microclima da nosa zona. Así o advirten xa estudosos da hidroloxía e da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega).

A enerxía hidroeléctrica é renovable, pero estes proxectos non son sostibles para o medio ambiente.

Por este motivo, desde Ribeiro en Común levarán ao Pleno municipal que o noso Concello, como capital comarcal, se posicione en defensa do noso medio natural fronte a macroproxectos que deixan ver máis dúbidas e problemas que beneficios para a nosa comarca.

O Ribeiro e Ribadavia non sairán gañando nada con este macroproxecto, máis ben teñen moito que perder.

Grazas pola atención.

Axuntamos dúas imaxes do Coto de Novelle onde se prevée a construción da macrobalsa, unha desde o propio monte, e outra desde unha viña da Cooperativa Viña Costeira, no municipio de Ribadavia.