A formación de Espazo Común compareceu hoxe para facer un balance dos primeiros cen días de goberno, que consideran negativo. Fixeron fincapé no protocolo asinado para o novo centro de saúde, no que sinalan que nun ano, o concello non cumpriu con ningún dos compromisos asinados.
Anuncian así que para o vindeiro pleno levarán unha moción para debater en profundidade que pasa co centro de saúde e reabrirán o debate de si é posible buscar outra ubicación para o ambulatorio.